• ?
  • Rexistro

8 de Marzo

Desde este Obradoiro de Igualdade e, por primeira vez en anos, fago un chamamento a todo o colectivo educativo, persoal docente, persoal non docente, alumnado, presencial e a distancia, do noso Ies San Clemente, para que fagamos o que cada quen considere e poida na semana do 3 ao 8 de Marzo, repensando e concienciandonos da situación de “desigualdade” na que a metade da poboación, as mulleres, está e pode estar. Como ensinantes, como adultas e adultos , desde o noso traballo cotiá podemos facer moitos movementos, non só o 8 de marzo, que tamén, sinon partindo da realidade que temos e transmitindo coas nosas actitudes valores de igualdade, de empatía, de sororidade que mellorarán a convivencia e a vida presente e cara ás novas xeneracións….un mundo máis igualitario, máis xusto.

Deixo unha parte da reflexión de Miguel Lorente Médico forense y profesor en la Universidad de Granada, que titula “Igualdad real”: otra trampa del machismo” – que podedes ler completa no seu interesante blog https://miguelorenteautopsia.wordpress.com/2019/02/10/por-el-hecho-de-ser-hombre/- e que di: 

La Igualdad es Igualdad, no “igualdad real”… A nadie se le ocurriría hablar de “libertad real” o de “justicia real” o de “dignidad real”… para cuestionar desde ese concepto particular la Libertad, la Justicia o la Dignidad consagradas en la Constitución Española y en las declaraciones y normativas internacionales. Quien cuestiona la Igualdad recurriendo a “lo real” lo hace, no porque la Igualdad no sea cierta y verdadera, sino porque no la aceptan dentro de sus posiciones y les parece algo irreal desde su mirada machista.

Todas e todos podemos traballar en prol desa Igualdade e máis aínda desde o traballo que realizamos.

Guillermina D.T.