• ?
  • Rexistro

Exames de Portugués – decembro 2018

CAPLENo pasado mes de decembro, o alumnado da sección bilingüe de Portugués FH de 1ASIR e do ciclo plurilingüe SMR, realizou unha proba modelo de nivel A2, co obxectivo de comprobar cal é o seu nivel real de coñecemento da lingua e como preparación para o exame do B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, que boa parte realizará no final do ano lectivo. Tamén se examinou parte do alumnado de 2SMR, candidatos a realizar a FCT en Portugal.

Os resultados son:

  • FH: 100% – 21 aprobados de 21 candidatos (2 de nivel B2).
  • 1SMR: 92% – 22 aprobados de 24 candidatos .
  • 2SMR: 86% – 6 aprobados de 7 candidatos.

Damos os parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados obtidos. No próximo mes de marzo realizaremos un segundo exame de nivel B1, para que o alumnado que o desexe poida presentarse aos exames oficiais de maio e xullo cunha óptima preparación.