• ?
  • Rexistro

GaliciaEnNegro- ContraAsViolencias

Xunto o comunicado que achega a Plataforma : 

 

 

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación a respecto
da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.

Desde 2003 ata outubro de 2018, o Instituto da Muller rexistrou 58 asasinatos machistas en Galicia e 966 no Estado.
Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade, que poña de manifesto o rexeitamento social de todas as formas de violencia contra as mulleres.
Por todo isto, nunha experiencia iniciada en 2016, máis de 90 concellos galegos unímonos nunha acción transmedia para incidir, de xeito máis eficaz na sociedade, coa intención de cubrir de negro o mapa galego do 19 ao 25 de novembro.
Os establecementos comerciais, institucións e cidadanía en xeral, vestiremos de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte… de María Magdalena, María Judite, Ana Belén… Por elas! Por todas!
Queremos vivir libres de violencias machistas.
Para unha colleita común, utiliza nas redes sociais as etiquetas:
#GaliciaEnNegro
#ContraAsViolencias