• ?
  • Rexistro

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais en Galicia 2018

A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.
SOLICITUDES:
  • Prazo: do 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018.
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 10 de xaneiro).
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.