• ?
  • Rexistro

Trinta e catro mulleres asasinadas en 2017

Asasinatos impunes, fillas e fillos orfxs, que máis precisa unha sociedade para reaccionar????, que máis precisa un Estado para facer o imposible por rematar esta lacra….????. A verdade é que apenas podo escribir neste obradoiro para vos anunciar de seguido a paupérrima formación que ten este país , o machismo endóxeno que recubre á nosa sociedade e a indiferencia coa que se le de xeito cotiá…..en 48 horas tres mulleres asasinadas….trinta e catro no que levamos de ano e só estamos a rematar Maio…..medo produce esta cifra…

É todo un paradoxo que o Estado e maila xente se remova ante os tremendos accidentes que , por desgraza, se producen todos os fins de semana, que xa se poñan en marcha campañas inmediatas pola morte de ciclistas, tremendas indubidablemente, e que todas as semanas o machismo asasine, deixe orfas e orfos ….e que non pase nada….Apenas son capaz de reflectir o que sinto, a repulsa que me produce o desinterés dun Estado tan preocupado polos presupostos, polas liortas políticas cotiás…e que esta lacra social que arrastramos non teña nin a máis mínima presenza no seu devir ….

Que máis temos que facer, que máis que clarexar….???? é un problema de todas e cada unha das persoas, de toda a sociedade….non é un problema só das mulleres….mentres os homes non sexan conscientes e realmente solidarios, feministas en todo o sentido do vocablo….non haberá solución posible….

A educación en igualdade é imprescindible, e a igualdade non é sentarse xuntxs nunha aula, ou acadar determinados niveis para aparentar que xa está resolta a situación….É moito máis complexa e, sobre todo, moito máis lenta en canto ao traballo que supón para toda a sociedade, a “familia2 , a escola, a rúa , as institucións…..o respecto….ese elemento esquecido da nosa sociedade e que eu , persoalmente, boto tanto de menos….Respecto ás diferenzas de todo tipo, respecto á idade, ás ideas, ás cores, ás manifestacións políticas , culturais, relixiosas…. á diferenza en xeral….Somos diferentes…unha realidade que debe enriquecer a unha sociedade…a pluralidade, a diversidade é a que fai medrar á sociedade, o mundo….non poderemos rexeitar do noso mundo esta e outras lacras tales sin a educación cívica correspondente, sin facer valer as diferenzas que , por outro lado, tanto nos unen……………

NIN UNHA MENOS

 

Guillermina Domínguez Touriño