• ?
  • Rexistro

8 de Marzo 2017. Día Internacional da Muller

Ola, como sabedes o día 8 de Marzo , conmemórase, que non se celebra, o día internacional da Muller, eu prefiro chamarlle das Mulleres…e non se celebra nada porque a situación das mulleres non é precisamente a de “celebrar” , senón a de seguir a traballar e loitar pola equidade, a xustiza para un colectivo maioritario , tratado , aínda hoxendía, coma unha marxinalidade ( brecha salarial,violencia brutal….) polo feito de selo, de ser mulleres….

Foi unha muller, feminista, Clara Zetkin,  organizadora do movemento feminista que traballou de cerca con Rosa Luxemburgo no SPD.

O 8 de marzo de 1908, 40.000 costureras industriais da fábrica estadounidense Sirtwood Cotton declaráronse en folga para reivindicar un soldo digno, a redución da xornada de traballo a dez horas e a prohibición de utilizar man de obra infantil. Todas morreron carbonizadas no interior da fábrica nun incendio provocado en resposta a esta manifestación pacífica.

Foi en recordo destas mulleres que morreran por esixir mellores condicións laborais que anos máis tarde Clara Zetkin propoñerá, nunha conferencia de mulleres socialistas celebrada en Copenhage, que o día 8 de marzo fose o Día Internacional da Muller, resolución que quedou aprobada desde entón.

Grazas á obstinada loita desta muller, as mulleres alemás conseguiron o dereito ao voto en 1918. O seu rol nos progresos do movemento de emancipación das mulleres, a principios de século, é capital.

Clara Zetkin foi unha loitadora por mellorar as condicións de vida da muller en xeral e da muller obreira, en particular. Quería sacalas das súas casas, acabar co que consideraba a súa servidume, darlles autonomía para ser realmente independentes e implicalas activamente na política do país.

Asistimos de xeito cotiá á violencia machista, ás imposicións desde un mundo patriarcal que , apenas, nos damos de conta e case que está naturalizado, normativizado, e que , sen darnos de conta, está a someter ás mulleres polo feito de selo. No século XXI estamos a asistir a unha “involución” que non se pode permitir e que nós, as mulleres do mundo , non debemos permitir. Para iso temos que traballar a nosa conciencia feminista, a forma de vivir individualmente e de loitar colectivamente, como dixo Simone de Beauvoir

 

O feminismo é unha filosofía de vida que toda persoa, mulleres e homes, precisan nun mundo que pretende ser democrático en esencia, xusto e equitativo, e iso non é real , de momento, nin o será senón o traballa o colectivo danado e todas as persoas que crean nun mundo mellor.

A reflexión é importante ,por iso a existencia dun día ao ano, dunha semana na que nos produza inquedanza e curiosidade o coñecer a situación real de máis da metade da poboación mundial. Así, invítovos desde este pequeno recuncho que fago a miudo, a reflexionar , a crer en que os cambios , sociais, políticos, económicos, incluso, os producimos as persoas, non os sistemas políticos, desde calquera ámbito das nosas vidas, exercemos un poder extraordinario, unidas podemos e poderemos sacar da indixencia moral aeste mundo cada vez máis insensible….somos as mulleres e homes , quen de mudar o mundo, somos os grans de areia que conforman os desertos…..