• ?
  • Rexistro

O Mannequin . Reportaxe do Concello

Deixovos a reportaxe que desde “Territorio de Mulleres”….fixeron dos actos e participantes na semana “contra da violencia machista”, no que recolleron imaxes do “mannequin” do IES San Clemente e nos títulos de participación. E tamén o que puxen no Facebook, onde está a mesma.
 A reportaxe quedou estupenda, como todo no que facedes, Uqui Permuy e compañeirxs…..o noso “mannequin…” do Ies San Clemente está recollido e, coido, que xs que participamos, máis algunhas persoas que non chegaron a tempo estarán orgullosas de telo feito….é a nosa repulsa, o noso rexeitamento, e a nosa colaboración cotiá para tentar de retirar esa lacra machista dunha sociedade que , pretendemos, máis xusta e igualitaria en todos os ámbitos.Grazas