• ?
  • Rexistro

Programa de becas fundación Amancio Ortega

  • OBXECTIVO: facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión nunha cultura estranxeira.
  • ALUMNOS AOS QUE VAI DIRIXIDO O PROGRAMA:  estudantes de 4º da ESO que cursarán o grao 11 ( equivalente a 1º de Bacharelato ) no curso escolar 2017/18.
  • PAÍSES NOS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA: Canadá e Estados Unidos
  • NÚMERO DE BECAS: 500 becas, das cales 80 corresponden a estudantes de Galicia e 420 para o resto de Comunidades Autónomas.
  • REQUISITOS:
  1. Estar cursando 4º de ESO e ter pasaporte español.
  2. Ter en 3º da ESO unha nota media igual ou superior a 7 puntos e na materia de Inglés igual ou superior a 8 puntos.
  3. Non ter estudado un ano académico no estranxeiro  con anterioridade.
  • PRAZO DE ENVÍO DE SOLICITUDES: Desde o 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016.

 solicitude faise online.

Posteriormente realizarase unha proba de inglés escrita ( 25-26 de novembro) e outra oral por skype. A listaxe de seleccionados publicarase o 27 de xaneiro de 2017.

Podes consultar toda a información na seguinte ligazón:

http://becas.faortega.org/#convocatoria