• ?
  • Rexistro

Relatorio e obradoiro de xeoloxía de Galicia

O venres 21 de outubro tivo lugar unha charla sobre Xeoloxía de Galicia e un obradoiro de rochas, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo.

O obxectivo principal de ambas actividades foi dar a coñecer a riqueza xeolóxica do noso país, froito dunha longa historia que arranca hai máis de 400 millóns de anos.

Tras unha amena exposición sobre a historia xeolóxica de Galicia, Francisco Canosa presentounos o material co que traballan os xeólogos (martelo, lupa, contador Geiger, lámpada ultravioleta, etc.) e unha colección que recolle a grande variedade de rochas que afloran na nosa terra, dende lousas e granitos até outras menos coñecidas como o “ollo de sapo” ou as ecloxitas, explicando en cada caso a súa formación e propiedades, e das que aportamos algunha fotografía.

xeoloxia2 xeoloxia1