• ?
  • Rexistro

Clube de debate

cartazcd2016Presentamos esta iniciativa do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela:

Características xerais da actividade:

  • O principal obxectivo é promover o uso da lingua galega. Tamén procura incentivar o pensamento crítico, a tolerancia, o traballo en equipo e, por suposto, as habilidades relacionadas coa documentación, a argumentación ou a exposición dos temas.
  • Trátase dunha convocatoria para unha competición por fases. En función do número de grupos inscritos pode haber dúas ou tres fases (local, de zona e galega).
  • Poden participar grupos de entre 4 e 10 membros menores de idade dos cursos de 3º, 4º da ESO, 1º de BAC e 1SMR, guiados por unha persoa preparadora que teña algunha vinculación co centro.
  • A inscrición dos grupos, corresponde facela aos centros como actividade escolar.
  • Os equipos teñen que participar nunha sesión formativa previa ás fases da competición (unha mañá).
  • En cada unha das fases debátese sobre un tema previamente fixado (en forma de afirmación) e cada equipo intervén en dous debates, unha vez defendendo a posición a favor e outra en contra. O emparellamento dos grupos é por sorteo.
  • A final será o 6 de maio. As fases de zona terán rematado antes do 7 de abril.
  • O tema de debate na final galega para este curso é: “O futuro da lingua depende da mocidade”.
  • O tema para os debates de zona fixarase contando cos centros que se inscriban (e o local, se fose o caso, tamén).
  • Unha vez rematado o prazo de inscrición, convocarase unha reunión coas persoas preparadoras dos equipos para fixar calendarios e temas de debate.

Premios:

  • Primeiro e segundo clasificados de zona: material cultural por valor de 500 e 300 euros.
  • Gañador da fase final: viaxe multiaventura dunha fin de semana.

Se tes interese en participar no clube de debate, escribe a edlg@iessanclemente.net antes do 28 de novembro de 2016.