• ?
  • Rexistro
“Solo mediante una visión integral de la educación, que vaya desde las edades más tempranas hasta la educación universitaria, se puede luchar de manera efectiva para lograr que ninguna persona tema sentir y expresar con libertad su propia identidad”, ha concluido Generelo.
Esta é a frase coa que Generelo, Presidente da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (Felgtb), remata e felicita a creación da primeira Oficina de Diversidade Sexual e Identidade de Xénero creada por unha universidade pública española. Sendo a única, de momento, e segundo a responsable da Oficina, Mercedes Sánchez, “con este proyecto la Complutense sale del armario”.
 O fin desta Oficina de Diversidade Sexual e Identidade de Xénero é “fomentar o coñecemento da realidade das persoas lesbianas, gais, bisexuais, “trans” e de calquera outras diversidades sexoxenéricas a través da formación, o asesoramiento e a investigación”, explicou Mercedes Sánchez, mentres que Ignacio Pichardo, tamén impulsor da nova oficina, recordou ao activista dos dereitos dos homosexuais Shangay Lily, que faleceu o luns en Madrid.

Esta oficina pionera ofrecerá información, orientación e asesoramiento personalizado e grupal, tanto en forma de atención persoal como a través do correo electrónico, e organizará xornadas de concienciación e programas formativos. Para as responsables da súa coordinación, coa creación desta oficina, a Universidade Complutense “sitúase á vanguardia das políticas públicas de recoñecemento da realidade das lesbianas, gais, bisexuais e transexuais, ao ser a primeira universidade pública española que se declara libre de homofobia e transfobia”. Aínda así, saben que teñen moito traballo por diante.