• ?
  • Rexistro

Accións a prol da doazón de órganos

Neste artigo facemos eco das distintas accións para a concienciación dos cidadáns e cidadás no tema da doazón de órganos.

En primeiro lugar, presentamos a Pontevedrada, unha marcha nocturna polo Camiño Portugués, que parte de Pontevedra no 25 de abril de 2015 (último sábado de abril de cada ano) e chega a Compostela na mañanciña do día seguinte.

O obxectivo é concienciar a poboación da grande importancia que ten a doazón de sangue, órganos e tecidos.

* * *

En relación ao plan proxecta salvavidas que estamos a desenvolver no centro, temos varias novas:

  • O alumnado de 2º SMR enviou o seu traballo ao IV Concurso de curtametraxes e estamos á espera da autorización da organización para publicalo.
  • O alumnado de 1º SMR, no módulo de Aplicacións Ofimáticas, están a realizar presentacións en Impress e Prezi relacionadas con este tema. Tamén están a tratalo no módulo FOL (Riscos Laborais).
  • Finaliza o prazo para enviar os traballos da exposición doARTE, e en breve teremos os cadros “pendurados” na galería virtual e fisicamente no noso centro.