• ?
  • Rexistro

Violacións na India

Afortunadamente as mulleres hindúes están fartas da situación que pervive desde fai séculos con respecto a elas….unha muller na India é menos considerada e respectada que a vaca, considerada sagrada, pero isto está a piques de cambiar, e non por casualidade senón polo acceso das mulleres hindúes á educación,…

Un estudo realizado por expertos do Fondo Monetario Internacional e das universidades de Harvard (Estados Unidos) e Warrick (Gran Bretaña), trazou un vínculo entre o aumento das denuncias de violencia de xénero e o impacto das reformas que en 1992 introduciron un sistema de cotas para permitir unha maior representación feminina nos gobernos locais.