• ?
  • Rexistro

25 Novembro…Día internacional contra a Violencia de Xénero

Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.

Máis información sobre as irmás Miraval no artigo: 25 de novembro, homenaxe ás Irmás Miraval por Ana Mariñez Álvarez

En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data

O 25 de novembro… conmemoración da morte das irmás Mirabal.

O 29 de novembro – Desde o Parlamento Europeo a deputada Emma Bonino propón convocar nesta data un Día Internacional de Loita contra a Mutilación Xenital Feminina. Máis información

O 1 de decembro Día Internacional de Loita contra a Sida

O 6 de decembro marca o aniversario da Masacre de Montreal, cando un home disparou a 14 universitarias por ser feministas.

O 10 de decembro é a data na que se conmemora a firma en 1948 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Con tales datas, o Centro de Liderado Global das Mulleres, CGWL iniciou fai dez anos a campaña internacional "16 días de activismo contra a violencia cara ás mulleres"

Como podedes comprobar, de novo,un ano máis voltamos a recordarlle a todo o mundo que por ser mulleres, que o feito de selo…conleva moitas das veces a morte, a psicolóxica e máis a física….que temos que seguir a traballar nunha cultura machista….que non jé só unha cuestión de campañas, que tamén, senón de CONCIENCIACIÓN por parte da sociedade en xeral e de nais, pais, mestres, mestras, profesorado en xeral e da propia rúa…..

O Domingo tentaremos conmemorar dita data a pesar dos pesares….nos momentos de crise, aínda se agrava a situación…..

Guillermina