• ?
  • Rexistro

Magosto 2012

Magosto

31 de outubro de 2012

Con motivo da celebración do Magosto e do Samaín, o próximo mércores 31 de outubro o IES San Clemente realizará unha serie de actividades conmemorativas.

Aproveitando a presencia no centro dos auxiliares de conversa de inglés e portugués, faremos un intercambio cultural de tradicións. Compararemos a celebración do Magosto e do Samaín en Galicia, Portugal e Estados Unidos: a orixe, a tradición, ditos populares, ritos, a festa, etc.

E finalmente, remataremos a xornada cunha degustación de castañas.

Programa:

11:30 Exposición multicultural de tradicións no Salón de Actos con:

  • Helena Queirós
  • Kristopher Aleman
  • Antón Labraña

12:15 Magosto

Concurso de Cabazas (Calacús):

Aproveitando a celebración invítase ao alumnado e profesorado a que traia a súa cabaza labrada.

Entrégaa na conserxería cun sobre que inclúa o teu nome e apelidos e participa no concurso!!!

Haberá importantes premios !!!!

13:30 Entrega de premios.