• ?
  • Rexistro

MANIFESTO E IZADO DA BANDEIRA LGTB NA F. EUGENIO GRANELL (PZA DO TOURAL)

É un acto simbólico para recordarnos que

"O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall no Greenwich Village de Nova York en 1969, acontecemento que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (lgtb), e que se celebra en todo o mundo como o Día do Orgullo LGTB. Unha conmemoración nacida da rebelión dun grupo de cidadáns e cidadás que se mantiveron firmes en contra dunha discriminación brutal e a fustigación constante por parte da policía, desafiando leis inxustas e prexuízos destrutivos.

Hoxe, aínda podemos dicir que o noso país atópase á cabeza dos países que recoñecen os dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (lgtb), e, neste proceso, as mulleres e homes socialistas fomos peza crave para o seu impulso e desenvolvemento, especialmente cos nosos Gobernos, e que se plasma na celebración este ano do 15 aniversario da creación do grupo federal de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais do PSOE."

Izarase unha bandeira e lerase un Manifesto por parte da nova organización do PSOE, chamada "sete Cores Compostela"

Invítovos a participar , será un acto sencillo e de aproximadamente media hora, xa que logo "topamos" co fútbol e xa sabemos que contra diso non podemos facer nada…..