• ?
  • Rexistro

"La maternidad libre hace a las mujeres auténticamente mujeres"…

Está ben isto de que a dereita máis á dereita dea a cara, a ver si así ímonos preparando para o que poda chegar aínda. Se as mulleres que non teñen fill@s deixan de selo, queson entón????para este señor, nada menos que un Ministro de Xustiza, deben de ser cousas ou algo peor. A falta de respecto ás cidadás libres, teóricamente, polo que vexo, a influencia directa da Igrexa máis obsoleta e o medo a ter unha sociedade que pense por si mesma, fannos chegar a isto…E digo que está ben porque xa é hora, non tardaron nin cen días, de quitar esa pel de ovella e deixar saír o lobo que levan dentro, non sei como ningunha persoa e menos as mulleres poden crer nalgún momento que estes señores ían facer algo….veñen a desfacer o que se conseguiu con moita loita e moito esforzo nos últimos trinta anos no país. O grao de involución que significan este tipo de frases ou ditamenes ten unha profundidade moito maior do que parece, senón non temos máis que ollar o último informe da RAE, nada sospeitosa de progresista, por suposto, atacando directamente todo o traballo de investigación científica das linguas non sexistas nos últimos trinta anos…a linguaxe non é neutra e vai conformando actitudes e, case diría que, aptitudes desde que comezamos a falar…

Algunhas persoas vían no Sr. Gallardón o moderantismo do partido….por aquilo de ir a Chueca a estreitar mans e algunha que outra actitude da mal chamada 2tolerancia", non precisamos dela, precisamos respecto á individualidade e ás decisións persoais e para iso están as Leis para quen queira as utilize e estea respaldado ou respaldada por elas.

Guillermina D.T.