• ?
  • Rexistro

III Concurso de Banda Deseñada "IES San Clemente"

III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA “IES SAN CLEMENTE”

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente (scedlg@gmail.com), sensíbel á significación que está a ter a creación de cómic na cultura galega, convoca o III Concurso de Banda Deseñada IES San Clemente, de acordo coas seguintes:

B A S E S

Primeira.-

Poderá participar todo o alumnado do Centro.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (por exemplo, guionista e debuxante).

Non hai límite de obras por autor.

Segunda.-

Establécense un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 80€ e un terceiro por valor de 40€, todos eles en material escolar e informático. Non se poderán declarar desertos.

Terceira.-

A temática da obra será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

O texto deberá estar escrito en galego.

Constará de 4 páxinas tamaño DIN-A4.

De elaborarse en soporte dixital, recoméndase usar unha resolución de 300 ppp.

Cuarta.-

O prazo de admisión finaliza o 15 de maio ás 14 horas. Debe remitirse por correo ordinario ou poderá entregarse na conserxaría do instituto.

Cada obra será presentada baixo o sistema de plica: será entregada coa achega dun sobre máis pequeno, en cuxo exterior constará o seu título, incluíndo no seu interior unha folla cos datos persoais do autor ou autores: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico. Ademais deberá incluírse unha declaración expresa por medio da que se certificará que a obra é orixinal e inédita.

Quinta.-

O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e algunha persoa do eido da banda deseñada, incluíndo membros externos ao Centro. A súa decisión terá lugar no mes de maio do ano 2012.

Sexta.-

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.