• ?
  • Rexistro

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

  1. O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de postais de Nadal.
  2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
  3. Tema: "O Nadal".
  4. As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe para o ano 2012 en lingua galega. A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras…).
  5. A postal irá asinada polo alumnado. No reverso será imprescindible indicar o nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
  6. O prazo de admisión das postais será até o 3 de decembro ás 12 horas, remitíndose por correo ordinario ao seguinte enderezo: IES San Clemente, Rúa San Clemente S/N, 15705, Santiago de Compostela. Tamén se poden entregar na Conserxaría do Centro.
  7. Haberá un primeiro premio por valor de 100 € en material escolar e informático, e un segundo por valor de 75 €, tamén en material escolar e informático. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
  8. O Instituto San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao Centro.
  9. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
  10. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na terceira semana de decembro.
  11. A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.

 

Cartel deseñado por Daniel Codesido de 1º SMR