• ?
  • Rexistro

Fin da violencia de xénero

De momento, onte tivemos a sorte, as que temos uns anos, de poder asistir a unha nova como o da fin da ETA, tras case 50 anos de dura pervivencia; no primeiro momento que recibín a nova, non daba creto, non me podía crer que estivera sucededendo, pero inmediatamente abrín as páxinas de novas e vin o video e, desde a utopía, maxinei que tamén era a fin da violencia de xénero, a fin do sometemento de tantas e tantas mulleres no mundo, desde esa utopía na que, coido, sobrevivimos algunhas persoas, loitamos a cotío e tentamos de facela realidade, aínda que nos leve toda a vida o facelo, aínda que nos chamen ilusas e defensoras de pleitos "pobres"; desde o meu punto de vista sería difícil VIVIR, con maiúsculas, sen utopías, son as que moveron revolucións, as que moveron a propia Historia e os cambios sociais e ideolóxicos. Até fai pouco era unha utopía crer que a ETA fixera este comunicado, vale, houbo que agardar moitos anos, pero aínda nos dou tempo de velo. É unha cuestión de paciencia, virtude que eu tardei moitos anos en adoitar, e aínda me custa, xa que o tempo, ese inimigo que nos acompaña, non ten piedade coa paciencia e, ás veces, non nos da a vida para ver eses cambios polos que loitamos durante toda a nosa. Eu, desde a utopía, coido que aínda poderei ver a eliminación da violencia de xénero e para e por iso, traballo tódolos días e noites da miña existencia.

 

Guillermina D.T.