Dos hombres fueron agredidos en pleno centro de Madrid durante la celebración del Orgullo Gay

COGAM advierte acerca del peligro de la LGTBfobia todavía presente en la sociedad.Un ano despois da entrada en vigor da última lei do aborto, asociacións de mulleres e de clínicas acreditadas denuncian que hai desigualdades na aplicación da lei. Os mecanismos son diferentes en cada comunidade autónoma e iso provoca a vulneración de dereitos das mulleres.

O Colectivo de Lesbianas, Homosexuais, Transexuais e Bisexuais de Madrid (COGAM) advirte de que a LGTBfobia segue presente baseándose na agresión sufrida por dúas persoas na madrugada do sábado ao domingo. Mentres aínda tiña lugar a manifestación do Orgullo LGTB na Gran Vía e Praza de España, os irmáns J.H., de 63 anos, e B.H., de 49, foron agredidos no mesmo centro de Madrid.

Segundo consta na denuncia, ás 00.45 horas do 3 de xullo, unhas persoas que se encontraban bebendo na rúa de mediana idade proferíronlles insultos homófobos. Os dous irmáns continuaron camiñando para evitar o enfrontamento cando, tras percorrer uns metros, J.H. foi atacado polas costas sendo golpeado con puñazos na cabeza ata dar coa parede e caendo ao chan, quedando con amplas lesións visibles na cara e a zona lateral da cabeza.

B.H. Intentou separar o agresor do seu irmán cando o outro o golpeou fortemente no ombro e foi obxecto doutras lesións. Nese momento apareceu un furgón da Policía Nacional que se fixo cargo da situación, aínda que o segundo agresor fuxiu do lugar dos feitos. A través do servizo S.O.S. Homo-Trans-Bifobia de COGAM, J.H. e B.H. denunciaron os feitos na comisaría da rúa Leganitos de Madrid, onde se lles atendeu de forma moi dilixente.

Só o 11 por cento das vítimas agredidas por LGTBfobia (homofobia, lesbofobia, transfobia e bifobia) denuncian as súas agresións, segundo a sondaxe que COGAM realizou no seu momento. Agustín López, presidente de COGAM, declarou que "lamentablemente estes feitos non son puntuais, pero moitas persoas teñen medo a denuncialos. Hoxe en día a Policía está preparada para atender estes casos que deben sempre ser denunciados. As autoridades públicas deben velar polo respecto ao noso colectivo, así como utilizar todos os medios contra os que nos discriminan e nos agriden. Estamos á espera de da aprobación da Lei de igualdade de trato e non discriminación, que xere máis recursos para a loita contra a discriminación por LGTBfobia. A LGTBfobia está presente no día a día das persoas LGTBsiendo os medios de comunicación e a intervención no sistema educativo as principal vía de erradicación deste lastre que aínda seguimos padecendo. "

Fotografa arquivo AmecoPress Traducido por guillermina