DATA DA PROBA
14 de xuño.
HORARIO DE CHEGADA
O alumnado, segundo a letra do seu apelido estará no lugar da proba (IES San Clemente ou CIFP Politécnico) entre as 8,45h e as 9,00h da mañá.
HORARIOS DAS POBAS
MAÑÁ | 9.30h a 12.30h | Ámbito científico-tecnolóxico |
12.30h a 14.00h | Ámbito Social | |
TARDE | 16.00h a 19.45h | Ámbito da comunicación: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira |
LUGAR DE CELEBRACIÓN DOS EXAMES SEGUNDO O PRIMEIRO APELIDO DO ALUMNADO.
- IES San Clemente: Alumnado con primeiro apelido, por orde alfabética, ata Grela (incluído).
Rúa de San Clemente, 15705 Santiago de Compostela (981 58 04 96).
- IFP Politécnico: Alumnado con primeiro apelido, por orde alfabética, desde Grille a Zapata (ambos incluidos).
Avenida Rosalía de Castro, 133, 15706 Santiago de Compostela
IDENTIFICACIÓN DO ALUMNADO
Farase mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir ao inicio de cada exame. Así mesmo, o alumnado deberá presentar o resgardo da matrícula.Se, nalgún caso, carece de documentación acreditativa, o profesorado poñerao en coñecemento da Sra. Presidenta dos Tribunais.
O alumnado deixará mochilas e calquera outro material no lugar que se lle indique. Así mesmo, realizará as probas desprovisto de gorros, viseiras ou calquera outro elemento que interfira na súa identificación.
MATERIAL
Os móbiles deben estar apagados, e está totalmente prohibido o seu uso durante a realización das probas e no interior do centro.
Poderase utilizar calculadora no ámbito científico-tecnolóxico e no ámbito social, quedando prohibido o uso daquelas que sexan programadas.
As probas deberán realizarse con bolígrafo negro ou azul.