• ?
  • Rexistro

Takeshi Kakihara: O galego e eu

TAKESHI KAKIHARA, PROFESOR XAPONÉS

PRESENTACIÓN

O xaponés Takeshi Kakihara, profesor asociado na Universidade de Oita (oeste de Xapón) é un estudoso do noso idioma, pois ensina linguas na facultade de Economía: Inglés, Castelán, Galego, etc.

O obxecto do seu estudo é a Política Lingüística de Galicia, dado que se formou en Filoloxía Hispánica e estudou galego dende o ano 2002, completando a súa formación en São Paulo (Brasil).

No ano 2002 comeza a traballar na Embaixada de Xapón en Madrid, viaxando por Galicia e visitando distintos Centros de Ensino Secundario, entre eles o IES San Clemente, que lle facilita o estudo da Normalización do Galego no Centro.

En Setembro de 2009 fixo enquisas de Normalización a varios profesores do Centro.
Participou en actividades, visitou a Catedral cun grupo de alumnos e deu conferencias.

 

Ten lido artigos e libros sobre a Normalización en Galicia e destaca o seguinte sobre o tema:

  • Mellorou o coñecemento do galego por parte da xente nova.
  • O seu uso non está normalizado.
  • Observa discrepancias sobre o uso da lingua na sociedade.
  • Hai moitos medios que usan o galego.

 

A modo de conclusión indica:

  • Que existen dous mundos distintos en Galicia: un en galego e outro en castelán.
  • Que se utilice o galego nos diversos medios de comunicación: Internet, televisión por cable, Blogs, etc.
  • Que a xente nova tome a iniciativa no eido da Normalización.

 

De todas as maneiras, é recomendable ver o seu vídeo, onde explica todo isto e moito máis.