• ?
  • Rexistro

As universitarias son máis e teñen mellor rendemento

 

Madrid, feb 15, 11. AmecoPress.Á presentación do informe asistiron o ministro de Educación, Anxo Gabilondo, e a ministra de ciencia e innovación, Cristina Garmendia entre outras personalidades. No repaso dos principais resultados obtidos ao analizar os máis de 220.000 datos tratados no estudo, Juan Hernández, director do informe, sinalou que as mulleres teñen máis presenza nos estudos universitarios, titúlanse máis, teñen un mellor rendemento académico e unha menor taxa de abandonos.
Estes datos non se corresponden co número de reitoras, catedráticas, doutoras honoris causa ou directoras de grupos de investigación. Postos directivos, en definitiva, aos que as máis e mellor preparadas universitarias non acceden. Este teito de cristal presente nas universidades españolas non atopa explicación no informe presentado esta mañá.
Gabilondo mostrouse satisfeito cos resultados xa que considera a transparencia como a "mellor forma de axudar ás universidades". Ademais de agradecer o traballo realizado, reiterou o compromiso do goberno coa institución. Coincidindo con el, Garmendia lembrou que o que non se mide non avanza. Na liña da importancia da innovación destacou que hai que facer as cousas de maneira distinta e "cada vez mellor".
O rendemento é un indicador que representa unha novidade nesta clase de informes. A conclusión do director é que "non somos o mellores pero somos bastante bos". Gabilondo insistiu neste punto ao celebrar que esta clase de diagnósticos rompan con "os clichés" que viran ao redor da institución

A noticia en si mesma, é boa e pode deixarnos crer que xa está todo feito, pero se seguimos a ler, darémonos de conta que o título non corresponde á realidade práctia. Todas esas mulleres que si se forman, máis e mellor, que si rematan as carreiras universitarias, ao chegar ao mundo laboral, tropezan outra vez coa realidade: os contratados son eles, ou, no mellor dos casos, tamén elas son contratadas pero, ao mesmo traballo, e con mellor formación, elas cobran entre un 17-25% menos de salario.

Os postos de direción non son femininos, nin tan sequera, na maioría dos casos, son paritarios, polo que, segue a ser necesario traballar por conseguilo, iso si, desde a cidadanía, porque cada vez quedan menos recunchos dedicados a loitar por esa utopía que parece aIgualdade real entre mulleres e homes aos niveis profesionais, salariais…

Noticia: Amecco Press

Trad. e opinión. G.D.T.