• ?
  • Rexistro

A Deputación de A Coruña Convocatoria aberta actividades fomento da igualdade

As actividades convocadas para fomentar a igualdade de xénero son:

I MURAL DAS MULLERES DA PROVINCIA DA CORUÑA:
Se es muller, maior de idade e resides na provincia da Coruña, anímate e participa enviando a túa foto (tipo carné ou retrato) a igualdade@dicoruna.es ou ben por correo á Deputación Provincial da Coruña. Entre todas construiremos o I MURAL DAS MULLERES DA PROVINCIA DA CORUÑA e expoñerémolo na web da Deputación (lembra indicar nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto).

I CONCURSO VIÑETAS CÓMIC “A MEDIAS”:
Se tes entre 12 e 18 anos, participa no I CONCURSO VIÑETAS CÓMIC “A MEDIAS”. A persoa gañadora recibirá como premio un ordenador portatil e unha colección de cómics. As temáticas dos traballos que podes presentar son: o reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego.

O prazo de participación remata o 8 de maio de 2010.

Aquí podedes consultar as bases de participación.