• ?
  • Rexistro

Contra a segregación educativa: Por unha educación mixta

As organizacións máis representativas da comunidade educativa asinaron un manifesto para demandar unha formación escolar que non discrimine por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social?, informou a Ceapa en nota de prensa.

Aseguran estar en contra da segregación do alumnado, defenden e reivindican unha educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como na igualdade de trato e a non discriminación.

As organizacións subliñan o seu rexeitamento á discriminación por razón de sexo nos centros escolares: ?O sexo das persoas é unha condición que non debe supor desigualdade inicial para acceder á educación básica?, por iso, ?a mellor opción educativa é un ensino na que os nenos e as nenas, os mozos e as mozas edúcanse e conviven no mesmo aula como a mellor garantía para aprender a convivir, aprender a respectarse mutuamente e aprender a asumir e valorar en positivo as diferenzas entre homes e mulleres?, destaca o texto asinado.

As asociacións educativas consideran que o desenvolvemento do principio de coeducación nos centros escolares e en todas as etapas educativas, garante o fomento e ?o desenvolvemento efectivo da igualdade de dereitos entre homes e mulleres? e contribúe á cohesión social e igualdade de oportunidades entre persoas de distinto sexo.

Así mesmo, apostan por un ensino mixto, porque entenden que é o mellor contexto para previr os prexuízos e os estereotipos sexistas que supoñan unha discriminación entre homes e mulleres, e para previr a violencia de xénero.

Neste sentido, reivindican a supresión do concerto económico cos centros educativos que segregan ao alumnado e non cumpren co mandato da LOE, así como a eliminación de todas as subvencións aos mesmos.

Esixen tamén que os centros concertados cumpran os mesmos requisitos que os centros públicos e que non se utilicen os fondos públicos para subvencionar o ensino do alumnado cuxas familias optan pola escolarización segregada.

Por Comunidades Autónomas, Cataluña é a que máis centros concertados ten (15) dun mesmo sexo, seguida de Andalucía (12), Madrid, (9), Euskadi (8), Valencia (6) e Galicia (4). Doutra banda, Murcia, Castela e León, Navarra e Asturias teñen dúas, mentres Cantabria e A Rioxa contan cun. En Aragón, Estremadura, Baleares, Canarias Ceuta e Melilla non hai ningún.

A Lei Orgánica de Educación establece as normas para a escolarización nos centros públicos e nos centros privados concertados para todo o Estado. E nos seus artigos 2.b e 84.3, non permite a discriminación por razón de sexo.

Fonte: Amecco press. Trad. G.D.T.