• ?
  • Rexistro

Os estereotipos sexistas dominan os contidos do cinema e a televisiónLos

A ausencia de mulleres nos postos decisivos do audiovisual (7% directoras, 15% guionistas, 20% produtoras) é unha inxustiza que deixa sen voz a unha parte importante da poboación española e desperdicia un potencial de talento e industria, que ademais promociona a difusión de imaxes estereotipadas de homes e mulleres, falsas e sexistas. Este é un das mensaxes que a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais (CIMA) trasladou á ministra de Igualdade, Bibiana Aído.

A presidenta de CIMA, Inés París, xunto a Chus Gutiérrez e Cristina Andreu reuníronse coa ministra para comunicarlle as principais conclusións do Primeiro Encontro Internacional ?As Mulleres do audiovisual ante o futuro?, celebrado recentemente pola asociación, co obxectivo de traballar de forma conxunta na eliminación de desigualdades no sector audiovisual, un sector onde ?o 90% do que se produce fano homes?, lamentou a presidenta de CIMA.

Inés París sinalou a AmecoPress que o que máis preocupou ás participantes do Encontro, españolas e iberoamericanas, foi a representación das mulleres e os homes que ofrecen os medios de comunicación e a ausencia ou o tratamento de temas como a violencia de machista.

As responsables de CIMA transmitiron a Bibiana Aído que é necesario destruír os estereotipos sexistas dos contidos, pois as imaxes tradicionais dos roles de homes e mulleres ?non só non contribúen a resolver, senón que agravan problemas sociais tan importantes como a violencia de xénero".

Neste sentido, apostaron por promover unha imaxe ?non nesgada e máis real das mulleres que axude a crear imaxes de referencia ás novas xeracións? e fomentar a presenza paritaria de mulleres en todas as áreas públicas relacionadas cos medios audiovisuais, xa sexan comisións de televisión, festivais, etcétera.

Comité sexista en Galicia

Inés París manifestou a súa indignación porque a Xunta de Galicia creou un Comité de Expertos para decidir as liñas directrices do cinema e a televisión na rexión, que está formado por seis persoas, todos homes.

CIMA considera este caso ?escandaloso? e recolleu firmas para pedir á Xunta que ampliase o número de persoas no Comité e incluíse a unha muller, segundo explicou París. Foron moitas as firmas recolleitas, tamén de mulleres do sector audiovisual galego, pero fixeron caso omiso da solicitude.

Para as cineastas, trátase dun exemplo do sexismo da sociedade, que afecta a todas as escalas, e que na súa opinión, debe combaterse introducindo no ensino da linguaxe audiovisual unha visión crítica dos valores tradicionais que fomente ?a educación para a igualdade?.

Doutra banda, as cineastas suxiren organizar xornadas coa prensa especializada para concienciarlles da importancia dos medios de comunicación nas cuestións de xénero e creación, ademais de organizar encontros con asociacións profesionais e comités de dirección das televisións públicas e privadas para concienciarlles da importancia da incorporación de medidas de xénero.

Sobre este aspecto, a responsables de CIMA comunicaron á ministra a súa intención de organizar un segundo encontro internacional de mulleres do audiovisual, nesta ocasión, de ámbito europeo.

Os Goya

Sobre a próxima entrega dos Goya, que premian o cinema español, Inés París sinalou que a súa impresión persoal é que ?as películas dirixidas por mulleres son enormemente interesantes?. En concreto, botou de menos entre os nomeamentos ?Pretextos? de Silvia Munt, e algún nomeamento para ?A boa Nova? de Helena Taberna.

Inés París destacou por positivo, con todo, o feito de que as candidaturas a mellor dirección nobel estean repartidas ao 50% entre mulleres e homes, ao que optan Belén Macías por ?O patio da miña casa? e Un noivo para Yasmina de Irene Cardona.

Fonte: Amecco Press. Trad. G.D.T.