• ?
  • Rexistro

La normativa lingüística somete al silencio a las mujeres

Os usos da lingua, as miradas das mulleres no cine, as TIC, nas Xornadas “Las Mujeres y los Medios de Comunicación” de Cáceres.

Cunha ampla programación de actos e co título A que esperamos para cambiar a nosa sociedade? Todos e todas contra a violencia de xénero, a Xunta de Estremadura celebrou o Día Internacional para a Eliminación da Violencia cara ás Mulleres.

Neste sentido leváronse a cabo os días 26 e 27 de novembro en Cáceres unhas Xornadas que tiveron como tema central As Mulleres e os Medios de Comunicación, destinadas a profesionais, estudantes universitarios e público en xeral.

O interese da organización é que partindo dunha base teórica, desembóquese nunhas boas prácticas no quefacer diario dos e as profesionais dos medios. Activar e reorientar as ideas para remover conciencias, alcanzar puntos de encontro e unificar teoría e práctica, son obxectivos indispensables para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres.

Novas tendencias nos usos da linguaxe

O tema da linguaxe foi abordado desde diferentes aspectos. Estrela Montolio, Profesora de Lingua Española da Universidade de Barcelona, expuxo as tendencias culturais de xénero nos usos da linguaxe e evidenciou as estruturas comunicativas diferentes entre homes e mulleres.

Asunción Bernárdez, Profesora de Teoría da Información da Universidade Complutense de Madrid, centrou a súa intervención nos mecanismos simbólicos da comunicación facendo fincapé na publicidade como paradigma da representación do feminino contra o masculino. Tamén manifestou que a normativa lingüística somete ao silencio ás mulleres.

Co títuló Mulleres navegando no Universo da Rede, a xornalista e creadora do portal Mulleres en Rede e a Deputada Lourdes Muñoz, expuxeron a diyuntiva de como chegar á igualdade a través das TIC.

Fonte: Amecco press. Trad. G.D.T.