• ?
  • Rexistro

Homes contra o machismo e a súa violencia maniféstanse en Madrid

Por segunda vez consecutiva, homes da comunidade de Madrid manifestáronse desde Atocha a Lavapiés en contra da violencia machista. Coa súa acción, estes homes queren dar o seu apoio público á causa das mulleres, na súa loita pola igualdade, e animar aos homes a modificar condutas machistas que aínda se exercen tanto no campo persoal como no social.

Os integrantes da Asemblea de Homes da Comunidade de Madrid denuncian ao machismo e a violencia que este supón cara ás mulleres.

Aclaran que ?non se refiren só a violencia máis visible contra as mulleres, ?que tantas mortes e dor deixa ao seu paso? senón de entender o fenómeno dunha maneira integral atendendo a todas as súas formas de manifestarse.? Por este motivo, convidaron a todos os homes que están en contra do patriarcado a participar nesta convocatoria como unha ?forma de responsabilizarse para transformar este sistema.?

Unha dos enfoques significativos á hora de expor o cambio que está a propor este colectivo é comezar pola modificación das propias condutas.

Así, nas súas formulacións insisten en que ?non hai que perder de vista en ningún momento que o traballo máis importante neste sentido para os homes ten que ver con asumir e tratar de cambiar o feito de que absolutamente todos os homes incorremos en maior ou menor medida en comportamentos machistas e discriminatorios; é urxente que as nosas voces se unan ás de todas as mulleres que desde hai séculos veñen denunciando o sinsentido do patriarcado e a súa consecuencia máis directa: a violencia machista."

ARTIGO RECOLLIDO POR AMECO PRESSS E TRADUCIDO POR G.D.T. para o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente