• ?
  • Rexistro

Pek the lazy Flea #1

2020 – Pek, the Lazy Flea #1

A nosa pequena pulga, Pek, está perezosa e non viaxará polo mundo este ano. Unha nova xeración de estudantes descubrirá as viaxes realizadas anteriormente por Pek e creará xogos interativos.

Pek, a Pulga Viaxeira, é un proxecto eTwinning no que participa alumnado do ciclo de grado superior Plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, de primeiro e segundo curso.

Pek, the lazy flea

Ó mesmo tempo que descubren este gran proxecto, Pek, coñecen alumnado doutros centros europeos: Lycée Louis Blériot, Trappes (Francia), Escola Básica e Secundaria de Gama Barros, Cacém (Sintra, Portugal) e  Střední škola průmyslová a umělecká, Hodonín (República Checa).

Presentan os centros de ensino e mostran cómo viven os estudantes en cada unha destas cidades, traballan en equipos multinacionais para a creación de xogos e moitas máis actividades. A lingua que usan en todo momento é o inglés.

Profesores: Jason Schaefer, José María Bey Otero e Eva Pereira Loira.

Máis información en:

Twinspace