EXAMES Aula Mentor
Cando superaches todas as actividades obrigatorias do curso como “Aptas”, o titor poñerache como “autorizado/á exame“.
Ese exame realizarase de forma presencial na nosa Aula Mentor de Santiago de Compostela (dispoñerás de 2 oportunidades totais como máximo para superalo ).
Desde o momento en que estás autorizado/á exame, poderás elixir de entre as 5 convocatorias seguintes para presentarte ao exame de forma presencial. As convocatorias son en febreiro, abril, xuño, outubro e decembro. Aínda que a túa matrícula caducase, poderás presentarche para superar a proba (non é necesario pagar de novo ou recargar matrícula, xa que os exames están incluídos no prezo. Se a túa matrícula está caducada non terás acceso aos contidos nin tarefas entregadas, pero poderás contactar co titor/a).
No caso de non superar a proba en ningunha das 2 oportunidades dispoñibles, o alumno deberá volver matricularse con obxecto de repasar o temario do curso e con iso terá de novo dereito a 2 novas oportunidades. Se o alumno convocado a exame non pode acudir a realizar a proba, é moi importante informar o administrador e ao titor.
O administrador/a da aula Mentor poñerase en contacto contigo para que poidas elixir, a través dun formulario o día/hora que mellor che vaia para realizar o exame, durante a semana de exames.
Descarga os dereitos e deberes do alumnado da Aula Mentor.
Calendario de exames do 2025
| Nº Convocatoria | Mes/Ano | Días | Data tope de entrega de exercicios |
| 159 | Febreiro 2026 | do 9 ao 13 febreiro | 28 de xaneiro |
| 160 | Marzo 2026 | do 20 ao 24 abril | 7 de abril |
| 161 | Xuño 2026 | do 8 ao 12 xuño | 28 de maio |
| 162 | Outubro 2026 | do 5 ao 9 outubro | 23 de setembro |
| 163 | Decembro 2026 | do 14 ao 18 decembro | 3 de decembro |




