Os exames finais da convocatoria Ordinaria do 2º Cuadrimestre da ESPA (ESPA C2) terán lugar o venres 29 de maio de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Dumbría (Albergue Municipal de Dumbría), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas), Verín (IES García Barbón) e Vigo (EPA Berbés).
Os exames da convocatoria Extraordinaria terán lugar o venres 19 de xuño de forma presencial no IES San Clemente e presumiblemente en Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas) e Verín (IES García Barbón), así como en Vigo (EPA Berbés). Estes lugares serán confirmados a semana anterior aos exames.
Horario dos exames:
- 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
- 10,45 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
- 12,15 a 13,45 – Ámbito de Comunicación
O alumnado que teña dous Ámbitos de distintos niveis na mesma sesión avisará ao profesorado do San Clemente ao chegar e poderá dispoñer de máis tempo.
A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais da convocatoria ordinaria será o día 8 de xuño. Na convocatoria extraordinaria, as cualificacións serán publicadas o 23 de xuño. No Calendario ESPA pódense consultar as datas de revisións e reclamacións.
As cualificacións publicaranse na seguinte ligazón. Para poder solicitar a copia do exame, o alumnado enviará a Solicitude copia exame cuberta ao profesor ou profesora do Ámbito e curso obxecto da solicitude e, igualmente, achegará a copia do seu DNI, NIE ou pasaporte escaneada a través do correo da aula virtual ou a través do ies.sanclemente@edu.xunta.gal




