Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores)
- Prazo de matrícula: do 7 ao 18 de maio para a convocatoria Ordinaria e do 11 ao 15 de xuño para a convocatoria Extraordinaria.
- O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta
Matrícula Ordinaria (alumnado que remata os estudos en maio de 2026)
- Prazo de matrícula: do 20 ao 21 maio (convocatoria Ordinaria) e do 17 ao 18 xuño (convocatoria Extraordinaria) de 2026 (en horario de oficina de 09:00 a 14:00)
- O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago, aínda que solicite facer os exames noutra localidade.
- Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de Bacharelato (54,00€), taxa pagada da PAU (63,67€) e impreso de matrícula PAU.
Os exames serán os días 2, 3 e 4 de xuño (convocatoria Ordinaria, ligazón ao horario) e o 30 de xuño e 1 e 2 de xullo (convocatoria Extraordinaria).




