A Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26 establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato e de materias pendentes de 1º.
Prazos para a revisións de materia de 2º de bacharelato e de materias pendentes de 1º:
1. As cualificacións finais de segundo de bacharelato e de materias pendentes de 1º de bacharelato publicaranse na aula virtual das ensinanzas, https://alumnado.iessanclemente.net/, o día 12 de maio a partir das 15:00 horas.
2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá solicitar a revisión dos seus exames ante o profesorado da materia correspondente, preferentemente de xeito telefónico ou telemático, os días 12 e 13 de maio.
3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar reclamación sobre a cualificación da materia, dirixida á dirección, os días 13 e 18 de maio de 9h a 14h. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.
4. O alumnado que solicite a revisión será informado da resolución correspondente antes das 14:00 horas do día 19 de maio, preferentemente, a través do correo eléctrónico indicado polo alumnado na reclamación.
5. O alumnado que non estea conforme coa resolución do Departamento poderá presentar reclamación ante a Xefatura Territorial os días 20 e 21 de maio en horario de 9 a 14h. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.
Nota importante: as solicitudes de reclamación deberán conter cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa cualificación final ou coa decisión adoptada, conforme as instrucións que figuran na instancia. Realizarase unha solicitude diferente por cada materia da que se solicite revisar a cualificación final.




