Cualificacións Finais ESPA C1 e prazos matrícula ESPA C2

As cualificacións publicáronse hoxe luns 2 de febreiro. Pódense consultar entrando en https://alumnado.iessanclemente.net/

A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, os días 2 e 3 de febreiro, no horario de atención do profesorado nas Aulas virtuais.

Para solicitar a copia do exame o alumnado deberá dirixirse ao profesorado a través do correo da Aula Virtual e achegarlle o documento Solicitude copia exame debidamente cuberto e asinado, xunto co DNI, NIE ou pasaporte escaneado.

Prazos de matrícula ESPA C2:

O prazo de matrícula do 2º Cuadrimestre (ESPA C2) abrangue do 3 ao 5 de febreiro para o alumnado que non se presenta á convocatoria extraordinaria ESA C1 (venres 27 de febreiro).

Lembrade que unha ben cumprimentada a matrícula online, deberedes imprimir a instancia, asinala e entregala na oficina do San Clemente ou enviala por correo postal ao enderezo do centro (dirixida á atención da oficina):

 

O curso no 2º Cuadrimestre comeza o luns día 9 de febreiro.

O prazo de matrícula do 2º Cuadrimestre (ESPA C2) para o alumnado que se presenta á convocatoria extraordinaria do 27 de febreiro é do 10 ao 12 de marzo.

O alumnado debe sopesar, ben,  se lle merece a pena presentarse á convocatoria extraordinaria do 27 de febreiro, ou ben, se lle compensa máis deixar pasar esa convocatoria e matricularse directamente no 2º Cuadrimestre para así non perder un mes de clase.