• ?
  • Rexistro

Presentación do proxecto Youtubeiras 2022

O próximo martes, 25 de outubro, ás 8.45 h, o alumnado de 1SMR asistirá á presentación do proxecto Youtubeiras 2022.

Nee Barros e Mario Brión serán os encargados de ofrecer un obradoiro onde se lle explicarán ao alumnado as claves para participar con éxito neste certame. A información para coñecer como se debe participar no proxecto poderédela atopar na seguinte ligazón: Youtubeiras 2022

Biblioteca, Club de Lectura e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso IES colaboran na divulgación desta actividade, co fin de que o alumnado do centro se anime a crear contido web en galego, sobre todo relacionado co ámbito da lectura.

Youtubeiras é un multipremiado proxecto organizado por diferentes concellos, entre eles o de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e universidades galegas, que promove o uso da lingua galega na rede. É grazas a esta colaboración co Departamento de Lingua do Concello de Santiago que poderemos gozar desta actividade no noso IES.

Máis información na web do clube