• ?
  • Rexistro

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA A DISTANCIA

INSTRUCIÓNS CURSO 2021/2022

Prazo de matriculación:

A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática será:

a) Para o primeiro cuadrimestre, desde o 1 de setembro de 2021 ata o 14 de xaneiro de 2022.
b) Para o segundo cuadrimestre, desde o 1 de febreiro ata o 12 de maio de 2022.

Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura do novo prazo no curso seguinte.

O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

– Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.

– Solicitude de matrícula.

Lugares de matrícula

A matrícula de Bacharelato a distancia pódese realizar:

En función da situación sanitaria, poderanse recoller tamén matrículas de xeito presencial nos seguintes lugares:

  • Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela, rúa San Clemente nº2, 15705, Santiago de Compostela Tlf. 881 86 75 01 https://www.iessanclemente.net/ https://goo.gl/8E73yL
  • Nas distintas EPA de:

A Coruña: Centro EPA “Eduardo Pondal”, rúa Pepín Rivero s/n, CP 15011, teléfono 881 96 09 01.

Ferrol: Centro EPA “Sta. María de Caranza”, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, teléfono 881 93 83 17.

Lugo: Centro EPA “Albeiros”, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, teléfono 982 82 81 06.

Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, teléfono 988 24 38 34.

Pontevedra: Centro EPA “Río Lérez”, Avda. De Buenos Aires nº26, CP 36002, teléfono 886 15 94 21.

Vigo: Centro EPA “Berbés”, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, teléfono 886 11 09 76

  • Por correo certificado, recollendo o sobre de matrícula en calquera dos centros EPA, introducir nel toda a documentación que se relaciona no mesmo sobre de matrícula, e enviándoo ao seguinte enderezo:

IES San Clemente

(Matrícula Bacharelato)

r/ San Clemente nº2

Santiago de Compostela

15705 A Coruña

Requisitos para o acceso:

Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra antes do 31 de decembro de 2021. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos antes do 29 de abril de 2022. 

Poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, ter cursado ensinanzas de persoas adultas con anterioridade) que lles impidan asistir a un centro presencial.

A xefatura territorial que corresponda, tras o informe favorable da inspección educativa, poderá autorizar a matrícula na educación secundaria a distancia a aquelas persoas que estean en centros de menores con medidas legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico.

Circunstancias especiais de matriculación:

Alumnado procedente da proba libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria

Ao alumnado que superou algún ámbito da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias

Proba de avaliación inicial

Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuaráselle unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. As probas terán lugar no IES San Clemente antes de cada cuadrimestre e o alumnado interesado en facelas terá que avisar con antelación na Xefatura de Estudos.

Aula virtual

O alumnado matriculado nestas ensinanzas debe darse de alta na Aula Virtual que hai na páxina web do IES San Clemente, coa finalidade de seguir o proceso de aprendizaxe a través das guías electrónicas e como medio de comunicación co profesorado. Os pasos a seguir son os seguintes:

  1. Entrar en https://www.iessanclemente.net/
  2. Pulsar en [Rexistro]
  3. Poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos, e a data de nacemento co formato dd/mm/aaaa. Por exemplo “28/06/1978”.
  4. Pulsar aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave deberá ter entre 5 e 10 letras.
  5. A partir de agora poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o número do DNI e como contrasinal a clave que puxo anteriormente (no punto 4).