• ?
  • Rexistro

Cualificacións provisionais da proba libre de bacharelato (maio 2021)

Na seguinte ligazón publícanse as cualificacións provisionais da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 23 de abril do 2021:

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Dentro desa ligazón pódese acceder clicando en “Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de 20 anos (2021)”.

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente os días 12 ,18 e 19 de maio ata ás 13:00 horas segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo da reclamación e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O xoves 20 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.