• ?
  • Rexistro

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos na proba libre de bacharelato 2018

Hoxe, día 3 de abril , publícase a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos na proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (Convocatoria Abril  2018). Xunto a esta relación indícanse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de Lingua galega e literatura (I e II).

As reclamacións ás listas de admitidos na proba poderán facerse durante os días  4, 5 e 6 de abril, este  último día   ata as 13:00 horas,  mediante instancia dirixida ó Presidente do tribunal que ha de presentarse nos centros  onde se tivese formalizada a matrícula.

listaxe provisional proba libre bacharel 2018

 

Reclamación proba libre