• ?
  • Rexistro

Cualificacións provisionais da proba libre da ESA, setembro 2017

Hoxe publícanse as cualificacións provisionais da proba libre da ESA celebrada no IES San Clemente o pasado día 7 de setembro de 2017.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o mesmo día da publicación ata as 13:00h do mércores día 20 de setembro, segundo o seguinte modelo.

Reclamación-Proba-Libre-ESA-1

Estas reclamacións deben explicar o motivo e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O xoves 21 de setembro  publicaranse as cualificacións definitivas.