• ?
  • Rexistro

Revisión e reclamación dos exames de bacharelato de setembro 2017

Revisións de exames

As notas correspondentes aos exames de setembro de bacharelato (1º e 2º curso) publicaranse o mércores 6 a partir das 12,00h na aula virtual.

As revisións serán no IES San Clemente co seguinte horario:

  • Mércores 6, de 16,30h a 19,30h.
  • Xoves 7, de 09,00h a 12,00h.

Os alumnos de 2º de bacharelato que, unha vez efectuada a revisión do exame, non estean conformes coa nota obtida, poderán acollerse ao procedemento recollido na circular 2/2017, tal e como se indica a continuación.

Reclamacións de 2º de bacharelato

Para as reclamacións de 2º de bacharelato seguirase o seguinte procedemento:

1. O alumnado que non estea conforme coas explicacións obtidas da revisión do seu exame ante o profesorado, poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 7 de setembro ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

2. O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas o xoves 7 de setembro para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.

3. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que, se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 17:00 horas do día 7 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017