• ?
  • Rexistro

Cualificacións provisionais da proba libre de bacharelato

Na seguinte ligazón publícanse as cualificacións da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 21 de abril de 2017:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cualificacion_provisionais_2017.zip

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o vindeiro luns 8 de maio ata o mércores 10 de maio ás 13:00h segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo da reclamación e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O martes 23 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.