• ?
  • Rexistro

Cualificacións da proba libre da ESA

Na seguinte ligazón publicaranse as cualificacións da proba libre da ESA celebrada no IES San Clemente o pasado 27 de maio de 2016.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

As cualificacións publicaranse o 9 de xuño de 2016.

Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o vindeiro xoves 9 de xuño ata o xoves 16 de xuño ás 13,00h segundo o seguinte modelo.

Reclamación-Proba-Libre

Estas reclamacións deben explicar o motivo e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O venres 17 de xuño publicaranse as cualificacións definitivas.