• ?
  • Rexistro

Speak en Portugal

speakSpeak é un programa lingüístico e cultural que permite aproximar persoas de diferentes nacionalidades para aprender unha lingua nova, compartir a cultura doutros países, quebrar barreiras e superar prexuízos.

Os participantes poden impartir clases da súa lingua materna e desta forma acceden a unha praza gratuíta de alumno para aprender outro idioma. Tamén poden cursalo pagando unha pequena cantidade.

Actualmente dan aulas en Lisboa e no Porto, onde temos catorce alumnos realizando a FCT.

Máis información