• ?
  • Rexistro

RECLAMACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO

A CIRCULAR Nº2/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Non respecta o noso calendario e obríganos a establecer como prazo para as reclamacións de 2º de Bacharelato os días 23 e 24 de maio, e de acordo co seguinte procedemento:

  • 1. As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na Web www.iessanclemente.net ás 22:00 h do día 21 de maio.
  • 2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:
    Día 23 de maio, xoves de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas para reclamar persoal, telefónica ou telemáticamente.
    Día 24 de maio, venres de 10:00 a 14:00 horas por calquera das vías indicadas anteriormente (Despois das 14:00 horas do día 24 non se terá en conta ningunha reclamación por rematar o prazo).
  • 3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 24 de maio ás 19:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.
  • 4. O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 13:00 a 14:00 horas do luns 27 de maio para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.
  • 5. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 19:00 horas do día 27 de maio. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: Non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013