• ?
  • Rexistro

Um tripé para o meu e-book

Proxecto de fomento da lectura en portugués, con gravacións de vídeos, lectura de textos, entrevistas, vídeo conferencias, interacción con ferramentas TIC… unha “mixórdia” de actividades á volta dos libros.

 

2023/2024 – Um tripé para o meu e-book 3

Terceira edición do proxecto, coa participación do club de lectura estendida, as catro turmas PluriFP SMR e ASIR, e as escolas portuguesas AE Carlos Amarante de Braga e AE Monte da Lua de Sintra.

 


 

2020/2021 – Um tripé para o meu e-book 2

Na segunda edición participa a sección bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware de 1ASIR e as dúas turmas do ciclo PluriFP SMR, en colaboración coa ES Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza, de São Paulo, Brasil.

Selo de calidade nacional en Portugal e España.

.

 


 

2017 – Um tripé para o meu e-book

Na primeira edición participou a sección bilingüe en portugués Sistemas Operativos en Rede de 2SMR ordinario, en colaboración coa ES Carlos Amarante de Braga, a Escola Jorge Peixinho de Montijo e a Associação Casa da Árvore – Biblioteca de Poços de Caldas de Brasil.

Selo de calidade nacional en Portugal e España. Selo de calidade europeo.

 

.