• ?
  • Rexistro

50 anos do 25 de abril

O Departamento de Português com a colaboração da turma de 1ASIR preparou esta exposição que comemora o 50 aniversário da Revolução dos Cravos.   Vários destes materiais foram criados no contexto do projeto eTwinning "Um tripé para o meu e-book 3": Podcast Cartazes

Atividade de 1ASIR em Viana – 2024

Atividade de 1ASIR em Viana – 2024
No 22 de abril de 2024 a turma do ciclo plurilingue em português de 1ASIR visitou a cidade de Viana do Castelo e mais concretamente a escola de ensino profissional ETAP, que é parceira do IES San Clemente em projetos eTwinning e Erasmus+ desde há já oito anos. As fotografias...

Corte de tráfico na rúa San Clemente

Entre o luns 22 de abril e o venres 3 de maio produciranse cortes de tráfico na rúa San Clemente por labores de reparación da calzada. Para máis información, pódese consultar a nova publicada na páxina web do Concello de Santiago. http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/avisos.php#5402

O IES San Clemente obtén o ouro no Spainskills 2024

O IES San Clemente obtén o ouro no Spainskills 2024
No campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2024 o representante galego na competición de Desenvolvemento Web, Ezequiel Soto Seoane, obtivo un excelente resultado acadando a medalla de ouro. O IES San Clemente tamén quere agradecer o apoio da titora Cristina París Brandariz, e anima ao resto do alumnado do centro...

Exames Bacharelato a Distancia finais de abril e maio 2024

En relación aos exames de Bacharelato de materias de 2º BAC (convocatoria Final Ordinaria: 30 de abril e 2 de maio) e de 1º BAC (3ª Avaliación / Avaliación Final Adiantada Pendentes: 6 e 8 de maio) + (convocatoria Final Ordinaria: 27 e 29 de maio). Terán lugar de...

Visita de alumnado do IES Rosalía de Castro

Visita de alumnado do IES Rosalía de Castro
O xoves 11 de abril recibimos a visita de alumnado da ESO do IES Rosalía de Castro, acompañados por alumnado do Istituto di Istruzione Superiore "G.A. Pischedda" de Bosa, Italia. Interesáronse polas ensinazas impartidas no centro, e fixeron de docentes por un día, empregando as aulas de gravación do...

Celebración da I Xornada de Ciberseguridade

O pasado 5 de abril celebramos no IES San Clemente e no CIFP Politécnico de Santiago a I Xornada de Ciberseguridade de Formación Profesional de Galicia. Agradecemos a colaboración dos poñentes nas sesións da mañá, Belén Pérez Rodríguez (Ciberseguridade e análise forense en entorno OT), David González González (Defendendo o...

Información probas libres FP (LOE) Curso 2023-2024

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no...

O IES San Clemente participa no Spainskills 2024

O IES San Clemente participa no Spainskills 2024
O campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2024, terá lugar en Madrid entre os días 9 e 13 de abril de 2024. O IES San Clemente estará presente no skill de Desenvolvemento Web coa participación do alumno Ezequiel Soto Seoane, que foi titorizado pola profesora Cristina París Brandariz. Ezequiel obtivo a...

Aberta convocatoria dos premios extraodinarios de FP grao superior.

Desde o 25 de marzo ao 25 abril do 2024 está aberto o plazo para a convocatoria de premios extraordinarios de formación profesional de grao superior curso 2022-2023. Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de...