• ?
  • Rexistro

Criterios de selección de participantes nas mobilidades Erasmus+

  • Actualizado a 02.10.23

O programa europeo Erasmus+ financia a realización de prácticas (FCT, extra curriculares e de recén titulados) e estudos (só para SMR) no estranxeiro.

Requisitos básicos para gozar dunha bolsa Erasmus+

  • Manter unha actitude positiva coa filosofía de internacionalización do centro e un comportamento correcto co profesorado e co resto do alumnado.
  • Acreditar un coñecemento da lingua do país de destino ou do inglés suficiente para poder comunicarse na empresa ou institución de acollida, e un nivel de coñecementos técnicos suficiente para poder realizar as tarefas que se lle asignen.

Prioridades para a asignación de bolsas Erasmus+

1º – Alumnado que realice a FCT.

2º – Prácticas extra curriculares. Só para alumnado de ciclos a distancia.

  • Terá prioridade o alumnado que non desfrutou previamente dunha bolsa Erasmus+ para prácticas extra curriculares.
  • O equipo docente do ciclo, xunto co Departamento de Orientación, decidirá se as persoas candidatas están o suficientemente preparadas como para realizar este tipo de prácticas. Para tomar esta decisión, o profesorado tamén terá en conta a nota media de expediente.

3º – Prácticas de recén titulado. Aplícanse os mesmos criterios ca nas prácticas extra curriculares.

Selección de participantes

Se, tras aplicar os criterios anteriores, fose necesario realizar selección, asignarase unha puntuación máxima de 10 a cada participante en base ó seguinte:

  • Expediente académico: 3 puntos.
  • Atopar unha empresa para realizar alí as prácticas: 3 puntos.
  • Asistencia ás actividades de preparación (no caso de que se oferten): 2 puntos.
  • Valoración do equipo educativo (actitude, motivación, expectativas, traballo en equipo): 2 puntos.

Máis información sobre Erasmus+
Preguntas frecuentes