• ?
  • Rexistro

Xornada de difusión da ciberseguridade 2022

O vindeiro xoves día 22, o IES San Clemente organiza unha serie de actividades en relación coa ciberseguridade. En horario de mañá as intervencións poderán ser seguidas en directo a través da nosa canle de Youtube.

 

 

O programa de mañá é o seguinte:
10:00 10:45 Exfiltración e canles C2C (Manuel González Regal, profesor e titor do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, no IES San Clemente)
10:45 11:30 Técnicas de persistencia (Xabier Rodríguez Blanco e Max Souto Reino, alumnos do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede)
11:30 12:15 Principios Fundamentales do ENS – Mínimo Privilexio Necesario (Rafael Antonio Costa San Martín, exalumno do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, do IES San Clemente)
12:15 13:00 Ciberseguridade industrial e infrastruturas críticas (Daniel Tato Varela, enxeñeiro informático especialista en ciberseguridade industrial)
13:00 13:45 Resposta da Guardia Civil fronte ás ciberameazas e o cibercrime (Equipo @ da Guardia Civil de Milladoiro)
En horario de tarde:
16:30 17:15  “Ven recoller o teu agasallo”, charla sobre phishing (Juan Antonio Sánchez-Morate Bolaños, alumno do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede a distancia)
17:30 20:30 Concurso CTF presencial e online (fóra de concurso, poden participar persoas alleas ao centro). Ligazón á plataforma: https://iessanclemente.ctfd.io/