Programas Europeos

Proxectos eTwinning

eTwinning

eTwinning é a Comunidade de centros escolares de Europa. Os profesores de todos os países participantes pódense inscribir e utilizar as ferramentas da web eTwinning (o Portal e o Escritorio) para atoparse, coñecerse virtualmente, intercambiar ideas e prácticas, formar Grupos, aprender xuntos nos Encontros didácticos e participar nos proxectos na web.

Por terceiro ano, o noso centro foi galardoado co Selo de Calidade Europeo, nesta ocasión polo excelente traballo realizado no proxecto "Pek, the Traveller Flea #2".

Ademais, obtivemos outros premios como na competición nacional eTwinning España 2011.

Este e outros premios supoñen un recoñemento do traballo do profesor Marcos Vence Ruibal e dos seus alumnos do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes do IES San Clemente.

Alén diso, o instituto participa activamente na labor de difusión e asesoramento da Embaixada eTwinning Galicia